• Espacio Atlántico (Programa Transnacional)
  • Fondo Europeo de Desarrollo Regional

Obxectivos

PortadaProxecto DORNAObxectivos

O proxecto contribuirá co desenvolvemento das economías das rexións da costa atlántica. O desenvolvemento económico das rexións implicadas en DORNA é un dos seus principais retos e producirase a partir de, por unha banda, a reactivación do sector naval de embarcacións tradicionais a través da definición e creación da marca BATE (Barco Atlántico Tradicional Europeo), e por outra banda, con accións que potencien rutas turísticas atlánticas a través da creación dun produto turístico integrado. Este turismo estará impregnado dun consistente carácter de sustentabilidade e calidade.

Obxectivo xeral
A conservación e recuperación do patrimonio náutico tradicional das rexións da costa atlántica europea, como elemento endóxeno de desenvolvemento local.

Deste xeito, DORNA parte dun enfoque integral sobre as diferentes problemáticas que presenta a conservación e promoción do patrimonio náutico do litoral atlántico. A partir deste enfoque, necesariamente global, o proxecto DORNA céntrase no desenvolvemento e promoción das embarcacións tradicionais desde unha perspectiva de sustentabilidade económica e diversidade cultural.

Obxectivos  específicos

  • Identificación e posta en valor do patrimonio náutico das rexións europeas atlánticas.
  • Promoción e recuperación da cultura adxacente ás embarcacións tradicionais atlánticas.
  • Desenvolvemento endóxeno e sustentable do sector naval no espazo atlántico especializado en embarcacións tradicionais.
  • Desenvolvemento do sector turístico, coa introdución no mercado de novos produtos (náutica tradicional) vinculados coa cultura atlántica.

Obxectivo ampliación

Reforzo do tecido empresarial das zonas costeiras atlánticas mediante o fortalecemento da cooperación transnacional, o apoio á innovación e impulso do sector turístico.

© 2010 Proyecto DORNA - Deputación da Coruña | aviso legal
   Servizo de Planificación, Desenvolvemento Territorial e UE | Avda. Alférez Provisional, nº2, 15006 (A Coruña)
   Tlf.: 981 080 331 - Fax: 981 080 354 | dorna@dicoruna.es - www.proyectodorna.eu