• Espacio Atlántico (Programa Transnacional)
  • Fondo Europeo de Desarrollo Regional

Por que DORNA?

PortadaProxecto DORNAPor que DORNA?

O proxecto DORNA consciente do valor da herdanza e patrimonio cultural do Espazo Atlántico ten identificado unha problemática común ás rexións europeas con litoral atlántico: a desaparición dos estaleiros de embarcacións tradicionais. Co peche de estaleiros, perderanse os modelos típicos de embarcacións tradicionais destas rexións e con eles perderase tamén a identificación de características comúns que poidan tipificar un “modelo atlántico de embarcación tradicional”. A recuperación destes estaleiros, e a posta en valor deste sector, ten  como obxectivo non só a conservación do patrimonio cultural marítimo, senón tamén espremer as súas posibilidades medio ambientais, sociais e para como factor endóxeno para o desenvolvemento económico rexional.

Este proxecto vai máis aló da mera transferencia de know-how, trátase logo de crear unha rede de rexións que elaboren unha estratexia común policéntrica para a recuperación das embarcacións tradicionais atlánticas, e que desenvolvan unha operación conxunta de promoción dun elemento específico do patrimonio cultural atlántico, como son as embarcacións e estaleiros tradicionais.

© 2010 Proyecto DORNA - Deputación da Coruña | aviso legal
   Servizo de Planificación, Desenvolvemento Territorial e UE | Avda. Alférez Provisional, nº2, 15006 (A Coruña)
   Tlf.: 981 080 331 - Fax: 981 080 354 | dorna@dicoruna.es - www.proyectodorna.eu